|
Article in other languages: |
Linguística > Escritura > Alfabeto > Alfabeto galego > Ñ Entradas da enciclopedia que comezan por "Ñ": Ñ O Ñ é a decimoterceira letra do Alfabeto galego, non existindo na orde latina internacional, e é a décima consoante. O seu nome é masculino: o eñe, (pl. eñes).
Uso fonéticoO Ñ representa un son palatal nasal (AFI: /ɲ/). Historia
O Ñ sitúase á dereita do L nos teclados Qwerty para español.
A letra Ñ non ten equivalente no alfabeto romano. Nos primeiros textos en galego este son representábase coas grafías n, ni ou nn, e foi esta última forma a que se acabou impoñendo na súa forma abreviada, ñ [1]. Pola contra en Portugal desde 1265 impúxose nos documentos oficiais nh, de orixe occitana. Nos mosteiros, e despois nas imprentas, tíñase o costume de economizar letras para aforrar esforzo nas tarefas de copiado e colocación de caracteres; Así, a secuencia «nn» escribíase cun «n» moi pequeno denominado vírgula enriba dun «n» de tamaño normal: «ñ». O mesmo sucedeu en portugués e en galego medieval coa representación de vogais nasais como «an» e «ã». A letra Ñ foi tomada do castelán nos seguintes idiomas, como parte do seu alfabeto: aragonés, asturiano, aymara, bubi, chamorro, guaraní, mapudungun, mixteco, quechua, tagalo, zapoteco, éuscaro, wolof. O inglés admite o ñ nalgúns préstamos do castelán como «cañón» (a grafía máis común é «canyon»), «jalapeño», ou «El Niño».. Outros usosNo bretón emprégase para nasalizar a vogal precedente e non para representar o son /ɲ/, verbigracia a palabra Jañ pronúnciase /ʒã/. Na escritura latina do tártaro de Crimea representa a consoante velar nasal /ŋ/ (igual son velar do galego "unha".) O mesmo sucede nalgunhas transcricións do quenya En nauruano representa ao dígrafo "ng", aínda que actualmente a tendencia maioritaria é usar simplemente "ng". Grafías equivalentes noutras linguasNoutras linguas o son /ɲ/ representase de formas diversas:
Notas
Questions for article: |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.
IHS Europe: Infrared Heating Systems for Home and Business.