|
Article on other languages:
|
Alemaña, oficialmente República Federal de Alemaña (en alemán: Deutschland oficialmente Bundesrepublik Deutschland) é un estado federal da Europa central. Alemaña está bordeada polo norte co mar do Norte, Dinamarca, e o mar Báltico, polo leste con Polonia e a República Checa, polo sur con Austria e Suíza, e polo oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357,021 qm² e está influenciado, na meirande parte do territorio por un clima temperado estacional. Cunha poboación por riba dos 82 millóns de habitantes, constitúe o país máis poboado entre os membros da Unión Europea e o terceiro entre os países cunha maior comunidade estranxeira. A rexión chamada Xermania, habitada polos Xermanos, foi coñecida e documentada antes do ano 100 a. de C.. Dende o século X os territorios alemáns formaron parte do Sacro Imperio Romano que duraría ata o ano 1806. Durante o século XVI, as rexións setentrionais alemás convertéronse no centro da Reforma protestante. Como nación-estado moderno, a primeira unificación alemá produciuse en 1871, durante a Guerra francoprusiana. Trala Segunda Guerra Mundial, Alemaña foi dividida en dous estados separados polas fronteiras formadadas polas tropas aliadas en 1949. Os dous países reunificáronse de novo en 1990. Alemaña foi un membro fundador da Comunidade Económica Europea en 1957, convertida na Unión Europea en 1993. Asemade, o país forma parte da Zona Schengen e adoptou a moeda da Unión, o Euro, en 1999. Alemaña é unha república parlamentaria federal constituída por dezaseis estados (al: Bundesländer). A capital e principal cidade do país é Berlín. Alemáña é membro das Nacións Unidas, OTAN, o G8, e do G4; así mesmo foi un dos países asinantes do protocolo de Quioto. O país constitúe a quinta maior economía por PIB e o principal país exportador no ano 2007. En termos absolutos, Alemaña é o segundo país do mundo cunha maior dotación orzamentaria á cooperación ao desenvolvemento[1], e o sexto en gasto militar[2]. O país desenvolveu un alto nivel de vida e estableceu un complexo sistema de seguridade social. O país posúe unha posición chave nos asuntos exteriores europeos e mantén diversos acordos de colaboración internacionalmente[3]. Alemaña está recoñecida como un lider científico e tecnolóxico en diversos eidos[4].
HistoriaArtigo principal: Historia de Alemaña O alemán é o sentimento de pertenza á nación alemá existente dende hai máis de mil anos, mais o país coñecido agora como Alemaña só foi unificado en 1871 en Versalles, cando o imperio alemán, dirixido pola Prusia, foi constituido. Alemaña formou un imperio con pobos de diferentes orixes nacionais por máis de 50 anos. Este foi o segundo "Reich" alemán. "Reich" é traducido xeralmente por "Imperio" mais pode tamén significar "Reino". Tras a Segunda Guerra Mundial estivo dividida en dous estados a raíz da súa partición en catro administracións subordinadas a EUA, Reino Unido, Francia (que formarían a chamada Alemaña Occidental, República Federal de Alemaña) e URSS (que formaría no seu territorio a chamada Alemaña Oriental, República Democrática Alemá) Política
Alemaña é unha democracia constitucional federal, cuxo sistema político foi creado como a constitución de 1949, chamada Grundgesetz (Lei Básica). Ten un sistema parlamentario no que o xefe de goberno, o Bundeskanzler (Chanceler), é eleito polo parlamento O parlamento, chamado Bundestag (Asemblea Federal), é eleito de catro en catro anos por voto popular, usando un complexo sistema que combina o voto directo con representación proporcional. Os 16 Bundesländer (Estados) están representados federalmente no Bundesrat (Consello Federal), que ten palabra no proceso lexislativo. Nos últimos tempos, ten habido algunha controversia sobre o feito de que o Bundestag e o Bundesrat bloquearan decisións un do outro, o que dificulta a acción efectiva do goberno. A función do xefe de Estado é do Bundespräsident (Presidente Federal), cuxos poderes están limitados apenas a funcións cerimoniais e de representación do Estado. O Bundespräsident é eleito pola Bundesversammlung que engloba tódolos membros do Bundestag e o mesmo número de membros enviados polos parlamentos do Länder (Landtage). O brazo xudicial inclúe ó Tribunal Constitucional, chamado Bundesverfassungsgericht, que pode bloquear calquera acto de lexislación ou administración se estes foren considerados inconstitucionais. XeografíaArtigo Principal: Xeografía de Alemaña Alemaña esténdese dende as altas montañas dos Alpes (o punto máis elevado é o Zugspitze con 2.962 m) no sur ata as costas do mar do Norte e do mar Báltico no norte. Polo medio, esténdense as terras altas, boscosas, da Alemaña central e as terras baixas da Alemaña do norte (o punto máis baixo é o Neuendorfer/Wilstermarsch, con -3.54 m), atravesadas por algúns dos maiores ríos da Europa, como o Rhin, o Danubio e o Elba. A República Federal ten fronteiras ao norte coa Dinamarca, ao leste con Polonia e a República Checa, ao sur con Austria e a Suíza e ao oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O clima é por veces imprevisíbel. No verán, un día pode ser quente e solarengo e o día seguinte frío e chuvioso. De tódolos xeitos, son extremamente raras as condicións climáticas verdadeiramente extremas, como secas severas, tornados, tempestades de sarabia, frío ou calor extremos, etc. Houbo dúas inundacións de grande escala nos últimos anos, mais en xeral tamén estas son raras. Non hai noticia de sismos destrutivos. EconomíaArtigo principal: Economía de Alemaña
Frankfurt, centro financeiro de Alemaña
Polo desenvolvemento da súa economía, Alemaña é considerada en termos xerais como a terceira potencia mundial e a primeira de Europa. No 2006 o seu Produto interior bruto (PIB) pasou dos 3 billóns de dólares US. As súas bazas industriais son diversas; os tipos principais de produtos fabricados son medios de transporte, aparellos eléctricos e electrónicos, maquinaria, produtos químicos, materiais sintéticos e alimentos procesados. Alemaña é foco de riqueza e iso reflíctese na crecente economía do centro de Europa. Cunha infraestrutura de estradas amplas e un excelente nivel de vida, Alemaña é unha da nacións máis desenvolvidas do mundo, porén o 13% dos cidadáns viven na pobreza, cifra que se duplicaría de seren suprimidas as axudas sociais do estado[5]. En palabras do ex-Ministro Federal de Relacións Exteriores, Joschka Fischer, Alemaña é «campión mundial das exportacións», dado o movemento favorable no comercio exterior do país desde 2004, que deu aos alemáns un superávit exportador[6]. Francia é o máis importante socio comercial de Alemaña e viceversa. En 2005 Francia cun 10,2%, volveu ser o principal destino das exportacións alemás e a orixe do 8,7% das importacións[7]. En 2006 máis do 14 % das exportacións francesas tiveron como destino Alemaña e preto do 17 % do total das importacións francesas proveu de Alemaña[8].
No 2007 Alemaña foi o principal exportador de bens a nivel mundial
Os países da Unión Europea son os principais compradores dos produtos alemáns (Reino Unido o 7,8%% e Italia o 6,9% en 2005). O principal socio comercial de Alemaña fóra de Europa son os Estados Unidos, país que no 2005 realizou o 8,8% das súas exportacións e do que recibiu o 6,6% das súas importacións. Entre as principais empresas cotizantes medidas segundo ingresos no Fortune Global 500, 37 compañías teñen a súa sede en Alemaña. As dez principais son Daimler, Volkswagen, Allianz (a empresa alemá coa maior rentabilidade), Siemens, Deutsche Bank (a segunda máis rentable), E.ON, Deutsche Post, Deutsche Telekom, Metro e BASF[9]. Entre aquelas que posúen un maior númpero de empregados atópanse Deutsche Post, Robert Bosch e Edeka[10]. Outras empresas alemás de renome mundial son Mercedes Benz, SAP, BMW, adidas, Puma, Audi, Hugo Boss, Porsche e Nivea[11]. O Deutsche Bundesbank (Banco central) e o Banco Central Europeo (BCE) teñen a súa sede central na cidade de Frankfort. En 2006 iniciouse a construción do edificio do Banco Central Europeo. Divisións administrativasArtigo principal: Estados de Alemaña Alemaña está dividida en 16 estados federados (Bundesländer, singular Bundesland).
DemografíaCon 82 millóns de habitantes é o primeiro país da Unión Europea e o segundo de Europa en poboación, superado tan só por Rusia. A afluencia á zona occidental de alemáns de outros puntos do país e de inmigrantes de diferentes nacionalidades, así como a tendencia ao estancamento do crecemento vexetativo, teñen sido as principais características da evolución demográfica. A maior parte da poboación descende de diversos grupos xermánicos que se estabeleceran na rexión centroeuropea no primeiro milenio antes da era cristiá. Eses grupos compartían a mesma lingua, aínda expresada en moitos dialectos, mais presentaban características étnicas heteroxéneas que se acentuaron ao longo da historia como consecuencia da fusión con outros pobos, como os celtas e os eslavos. Na moderna Alemaña, as diferenzas humanas e lingüísticas das distintas rexións téñense atenuado, aínda que a prolongada división política teña xerado certas peculiaridades culturais que distinguen ós alemáns do leste daqueles do oeste. A chegada de inmigrantes á Alemaña occidental na segunda metade do século XX compensou as perdas humanas ocasionadas pola Segunda Guerra Mundial, estimadas en cerca de tres millóns de persoas, na maioría xoves do sexo masculino. Ademais da poboación de orixe xermánica, conviven na antiga Alemaña occidental diversas minorías étnicas de nacionalidade alemá, como xudeus, eslavos e dinamarqueses, así como franceses descendentes dos hugonotes fuxidos do seu país a finais do século XVII. Os traballadores inmigrantes, chegados á Alemaña sobre todo nas décadas de 1960 e 1970, eran principalmente turcos, iugoslavos, italianos, gregos, españois e portugueses. A emigración galega á Alemaña remóntase a finais do século XX, na actualidade o número de galegos en Alemaña cífrase nuns 90.000 agrupados en 11 centros galegos[12]. Na Alemaña Oriental, que constituiu un país autónomo entre 1949 a 1990, as perdas humanas provocadas pola guerra foron compensadas co ingreso de varios millóns de alemáns expulsados de Polonia, de Checoslovaquia e de Hungría. Con todo, as dificultades económicas derivadas do pagamento das indemnizacións de guerra e da política de coletivización estimularon o movemento migratorio para a Alemaña Occidental, calculado en 1,7 millóns de persoas.
Nenos alemáns nunha gardería de Hessen
A interrupcción do crecemento da poboación e mesmo a redución desta inclúense entre as características máis notábeis da evolución do país nas últimas décadas do século XX, tanto na zona occidental como na oriental. Iso tradúcese nun envellecemento da poboación, isto é, no aumento dos grupos de idade máis alta en relación á poboación xove, en consecuencia dos baixos niveis de natalidade e do prolongamento da expectativa de vida. Cunha taxa de fertilidade de 1,41 (2008) por muller, Alemaña posúe unha das taxas máis baixas do mundo[13], aínda que esta cifra constitúe unha melloría fronte aos 1,39 fillos do ano 2006. As estatísticas federais estiman que a poboación do país diminuirá ata estancarse entre os 69 e 74 millóns no ano 2050 (69 millóns asumindo unha inmigración neta de +100.000 por ano; 74 asumindo unha inmigración de +200.000 por ano)[14].
No censo do ano 2004, Alemaña contaba con sete millóns de cidadáns estranxeiros rexistrados, así mesmo, o 19% da poboación tiña a súa orixe total ou parcialmente nun país estranxeiros. O maior grupo estranxeiros, con 2,3 millóns, provén de Turquía[15], o resto dos estranxeiros provén na súa maioría do continente europeo, sendo os países que máis estranxeiros achegan Italia, Serbia, Grecia, Polonia e Croacia[16]. Como consecuencia das restricións das antigas leis de inmigración e petición de asilo, o número de inmigrantes que buscan asilo ou reclaman a nacionalidade alemá (a maioría da antiga Unión Soviética) está sufrindo un retroceso dende o ano 2000[17].
Lingua
Coñecemento de alemán na Unión Europea
Alemán é a lingua oficial e predominante de Alemaña[18]. A lingua alemá é unha das 23 linguas oficiais da Unión Europea e unha das tres linguas de traballo da Comisión Europea xunto co inglés o e francés. Ademais do alemán, no país están recoñecidas como linguas das minorías o dinamarqués, o sorabo, o romaní e o frisón. As principais linguas dos inmigrantes son o turco, o polaco, o ruso e as linguas dos balcáns. O alemán estándar é unha lingua xermánica occidental relacionada co inglés, neerlandés e sueco. A meirande parte do vocabulario do alemán provén da póla xermánica da lingua Linguas indoeuropeas[19]. A lingua xermana posúe numerosos empréstamos do latín, grego, e en nun xeito menor do francés e do inglés. O alemán escríbese empregando o alfabeto latino. Xunto ás 26 letras estándar, o alemán ten tres vogais máis con diérese ou Umlaut (ä, ö e ü), ademais da letra Eszett ou (SZ/ese-zeta) ß. Os dialectos do alemán varían en diferentes graos do alemán estándar. Estes dialectos proveñen das diferentes variedades locais das antigas tribos alemás. Moitos deles son dificilmente inintelixibles para os falantes da lingua estándar, xa que moitos diferéncianse na sintaxe, fonoloxía e léxico. En todo o mundo, o alemán é falado por 100 millóns de falantes nativos (na súa maioría en Europa) e 80 millón non nativos. A lingua alemá e a lingua nai de 90 millóns de persoas (18%) na Unión Europea. No tocante ao coñecemento de linguas estranxeiras, o 67% dos alemáns son quen de falar unha lingua estranxeira, mentres que o 27% di poder falar dúas[20]. Cultura
Alemaña é a miúdo chamado Das Land der Dichter und Denker (a terra dos poetas e dos pensadores)[21]. A cultura alemá comezou moito antes do surximento de Alemaña como nación-estado e abranguiu a toda a zona de fala alemá. Dende os seus alicerces, a cultura en Alemaña formouse polas principais correntes intelectuais e populares en Europa, tanto relixiosas como laicas. Como resultado, é difícil identificar unha determinada tradición alemá separada do marco máis amplo da alta cultura europea. Outra consecuencia destas circunstancias é o feito de que algunhas figuras históricas, tales como Wolfgang Amadeus Mozart e Nicolás Copérnico, entre outras, aínda que non foron cidadáns de Alemaña no sentido moderno, deben ser considerados no contexto do eido cultural alemán para comprender o seu traballo. En Alemaña desenvolvéronse algúns dos principais compositores de renome da Música clásica europea, con inclusión de Johann Sebastian Bach, Ludwig van Beethoven, Johannes Brahms e Richard Wagner. Dende o ano 2006, Alemaña constitúe o quinto mercado da música no mundo e influíu na música pop e rock a través de artistas como Kraftwerk, Scorpions e Rammstein.
Blaues Pferd I, Franz Marc (1911)
Numerosos pintores alemáns gozaron de prestixio internacional a través do seu traballo en diversas correntes artísticas. Hans Holbein o Mozo, Matthias Grünewald, e Alberto Durero eran importantes artistas do Renacemento, Caspar David Friedrich do Romanticismo, e Max Ernst do surrealismo. Entre as contribucións alemás na arquitectura inclúense os estilos carolinxio e Otoniano, que son importantes precursores do románico. A rexión máis tarde converteuse no sitio das obras importantes en estilos coma o gótico, renacentista e barroco. Alemaña é especialmente importante nos primeiros movemento modernos, sobre todo a través do movemento Bauhaus fundado por Walter Gropius. Ludwig Mies van der Rohe converteuse nun dos máis renomeados arquitectos do mundo na segunda metade do século XX. A fachada de vidro en rañaceos foi a súa idea[22]. FilosofíaA literatura alemá remóntase á Idade Media e as obras de escritores como Walther von der Vogelweide e Wolfram von Eschenbach. Diversos autores e poetas alemáns gañaron gran renome, incluíndo Johann Wolfgang von Goethe e Friedrich Schiller. As coleccións de contos populares publicados polos Irmáns Grimm popularizou o folclore alemán no plano internacional. A influencia de autores do século XX inclúen Thomas Mann, Bertold Brecht, de Hermann Hesse, Heinrich Böll e Günter Grass. A influencia de Alemaña na filosofía é historicamente significativa e moitos notables filósofos alemáns contribuíron a dar forma á filosofía occidental dende a Idade Media. Gottfried Leibniz e as súas contribucións ao racionalismo, Immanuel Kant, Georg Wilhelm Friedrich Hegel, Friedrich Wilhelm Joseph Schelling e Johann Gottlieb Fichte que forxaron o idealismo, Karl Marx e Friedrich Engels formularon a teoría comunista, Arthur Schopenhauer desenvolvo a composición de pesimismo metafísico, Friedrich Nietzsche desenvolvo o Perspectivismo, a obra de Martin Heidegger en Ser e Tempo, e o das teorías sociais Jürgen Habermas foron especialmente influentes. Medios de comunicaciónAlemaña é o mercado de televisión máis grande de Europa, cuns 34 millóns de fogares que dispón de televisión. As numerosas cadeas públicas rexionais e nacionais organízanse de acordo coa estrutura política federal. Ao redor do 90% dos fogares alemáns teñen cable ou televisión por satélite, e os telespectadores poden elixir entre unha variedade de libre acceso pública e as canles comerciais. O país é o fogar dalgúns dos máis grandes conglomerados de medios de comunicación, incluíndo Bertelsmann e a editorial Axel Springer. Cine
O Berlinale Palast durante o festival do ano 2007
O cine alemán foi especialmente influente durante os anos da República de Weimar cos expresionistas alemáns como Robert Wiene (O gabinete do Doutor Caligari) e Friedrich Wilhelm Murnau. A época nazi produciu obras significativas como a pelicula Münchhausen (1943) ou o controvertido traballo da directora Leni Riefenstahl. Durante o período 1970-1980 directores como Volker Schlöndorff, Werner Herzog, Wim Wenders, Rainer Werner Fassbinder colocaron o cine alemán de volta na escena internacional coas súas películas a miúdo provocadoras. Máis recentemente, películas como Das Boot (1981), Lola rennt (1998), Good bye, Lenin! (2003), Gegen die Wand (2004), Der Untergang (2004) e Das Leben der Anderen (2007) gozaron de éxito internacional. O Festival de Cine de Berlín, celebrado anualmente dende 1951, é un dos festivais de cine mais prestixiosos. A cerimonia anual dos Premios do Cine Europeo celébrase cada dous anos na cidade de Berlín, onde se atopa a Academia do Cine Europeo. Os estudos Babelsberg, en Potsdam, son os máis antigos de grande escala no mundo e constitúen un centro internacional para a produción de películas. Deporte
A participación de Alemaña nos Xogos Olímpicos foi unha das máis destacadas desne que se realiza este evento. O país organizou os Xogos Olímpicos de Verán en 1936 e en 1972 Alemaña Occidental fixo o propio. A Federación Alemá de Deportes (DSB) conta con preto de 27 millóns de membros. Segundo datos desta organización, aproximadamente a terceira parte da poboación do país realiza a práctica deportiva a través dun club ou asociación nalgunha das preto de 127.000 instalacións de carácter deportivo que existen no territorio. Pola súa banda a Federación Alemá de Fútbol (DFB) conta con máis de 26.000 clubs, totalizando 6 millóns de membros, a membresía máis grande de calquera federación deportiva no mundo[23]. O arraigamento deste deporte fixo que a Selección de fútbol de Alemaña consiga tres títulos mundiais (en 1954, 1974 e 1990); e tres Eurocopas (1972; 1980 e 1996). Así mesmo o país foi sede dos campionatos mundiais de 1974 e 2006. A nivel de clubs destacan equipos como o Bayern Munich, o máis loureado do país e á súa vez, un dos clubs máis grandes de Europa. O seu maior fito foi o gañar tres Copas de Europa de xeito consecutivo (1974, 1975 e 1976. Posteriormente gañaría no ano 2001). Tamén están o Hamburgo SV, o Borussia Dortmund, clubs que tamén gañaron a Copa de Europa, en 1983 e 1997, respectivamente; aparte doutros campións europeos como o Bayer Leverkusen, Borussia Mönchengladbach, Werder Bremen e Schalke 04. Alemaña tamén se destaca no fútbol feminino, categoría na que conquistou dúas coroas de campioa do mundo 2003 e 2007. En canto ao automobilismo, Alemaña é unha das nacións principais a nivel mundial. Con numerosos automóbiles gañadores de carreiras como condutores alemáns. Precisamente o máis exitoso condutor de fórmula 1 na historia é o alemán Michael Schumacher. Tamén o ciclismo é un deporte popular en Alemaña e un dos mellores ciclistas dos tempos recentes, Jan Ullrich, gañou o Tour de Francia en 1997 e finalizou segundo en cinco ocasións. Para rematar, Alemaña obtivo dúas medallas de ouro en Campionatos masculinos de Hockey Herba en Mundial de 2002 e Mundial de 2006 e na categoría Campionato Feminino obstenta dúas medallas de ouro nos torneos de 1976 e 1981. Gastronomía | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||