|
Article in other languages:
|
O almirante británico Horatio Nelson venceu en Trafalgar cando xa levaba unha brillante carreira militar, pero resultou morto nesta batalla.
A Batalla de Trafalgar foi unha batalla naval que tivo lugar o 21 de outubro de 1805, durante as guerras napoleónicas. Os bandos que participaron no combate foron o británico, comandado por Lord Nelson, e unha confederación franco-española, comandada polo francés Villeneuve. Venceu o bando británico aplastantemente, mais, coa importante perda do seu comandante, Horatio Nelson.
Condicións previas da batallaNapoleón vencera xa daquela a todos os seus adversarios, con excepción de Gran Bretaña. Por iso era preciso para os seus propósitos atacar a Gran Bretaña. O poder británico proviña do seu inmenso imperio colonial, e Napoleón necesitaba que as mercancías non chegasen bloqueando a illa. Pero había un problema: o poder francés como potencia naval era moito menor que o británico, e desta forma sería imposible bloquear Gran Bretaña. O emperador axiña se decatou de que necesitaría un aliado para vencer a Gran Bretaña. E buscou un que estivera case á marxe das guerras napoleónicas en Europa e que tiña unha gran potencia naval: España. O poder marítimo español era daquela unha sombra do que fora, mais seguía sendo moi grande. Así, o 18 de agosto de 1796, España e Francia asinaron o Tratado de San Ildefonso, no que se comprometían a se defender mutuamente de ataques que puideran sufrir por parte de terceiros. Esta alianza supuxo a entrada española nalgúns conflitos da época. Napoleón ideou entón un plan para invadir Gran Bretaña. A armada franco-española navegaría cara América para chamar a atención dos británicos, os cales irían a socorrer as súas colonias coa súa armada. Coa flota británica en América, a armada franco-española volvería cara Europa, onde se encargaría de escoltar a 160.000 soldados e 2.000 buques franceses para levalos a costas inglesas. Non obstante, xurdiu un contratempo: a armada combinada foi avistada por un buque inglés cando esta volvía de América. Gran Bretaña enviou unha flota de ataque, o cal é recibido por sorpresa por Villeneuve, polo que se refuxia en Ferrol. Napoleón, indignado, ordena que a armada combinada parta cara Brest. Sen embargo, Villeneuve decide ir a Cádiz, por temor a toparse coa armada inglesa. Isto supón que Napoleón retire as tropas que ían a invadir Gran Bretaña. Napoleón non se fía das dotes de Villeneuve como comandante, polo que lle ordena que se quede en Cádiz ata nova orde, esperando ó almirante Rossily, para relevalo. En outubro de 1805, a flota británica, comandada por Nelson, atópase en Xibraltar, moi preto da armada combinada. A escuadra de Nelson intenta bloquear o porto de Cádiz, para impedir que a armada combinada se reúna cos barcos franceses do Mediterráneo. Villeneuve reúne entón ós comandantes da súa armada: por parte española, o xefe da flota española Gravina, o xeneral Churruca, o tenente-xeneral Álava, Alcalá Galiano, Escaño e Cisneros; e por parte francesa, os almirantes Dumanoir e Magon, e os capitáns de navío Cosmao, Maistral, Villiegris e Prigny. Naquel momento anunciabase unha tormenta, polo que Gravina pensaba que o mellor era quedar no porto de Cádiz, onde estarían seguros, ó contrario que os británicos, que sufrirían graves danos ó estar en mar aberto. Por outra parte, non crían que os británicos decidisen atacar Cádiz, pois era un porto moi seguro. Ademais, sabían que a tripulación combinada era moi inferior, pois a dos barcos españois estaba sobre todo composta por campesiños recrutados forzosamente.[Cómpre referencia] Villeneuve preferiu desoir os consellos do mando español, pois coñecía que Rossily se dirixía a Cádiz e que ía a relevalo do mando. Desenvolvemento da batallaFinalmente a flota sae a mar aberto. A armada combinada avanza en liña cara o sur, pero ó avistar as naves inglesas, Villeneuve ordena virar os navíos cara Cádiz de novo. A viraxe é completamente defectuosa, quedando divididas as naves en varios grupos. Nelson aprovéitase disto, e formando a súa flota en dous grupos navega perpendicularmente cara á flota franco-española. Trala célebre frase "Inglaterra espera que cada un cumpra co seu deber", os buques británicos comezan a súa marcha. Ás 12 da mañá, o Fogueaux e o Santa Ana, buques combinados, abren fogo sobre o Royal Sovereing, iniciando o combate. Poucos buques se salvan do bombardeo: o Victory (buque de Nelson) é alcanzado polas balas de canón do Hérors. Á 1 do mediodía, a columna da armada combinada está partida por varios lugares. Á unha e cuarto, un infante de mariña francés do Redoutable dispara sobre Nelson, que cae ferido mortalmente. A manobra preparada por Nelson da os seus froitos e agora a flota franco-española está dispersa, con oito buques lonxe dos combates que intentan volver xunta ó resto da flota, xa ás dúas do mediodía. No lugar do combate, os barcos franco-españois son bombardeados e abordados a pracer polos buques británicos. Ás catro e media deixan de soar as baterías. Villeneuve rende o seu barco, o Bucentaure, ós ingleses, e é feito prisioneiro. A batalla finaliza coa vitoria británica. Os británicos non perden un só navío (fronte ós 18 buques combinados), mais perden o brillante almirante Nelson. O bando español tamén ten grandes perdas entre os seus almirantes: Churruca, Álava e Alcalá Galiano. Tamén morre Gravina polas feridas causadas na batalla, meses despois. Trala BatallaO parte da batalla, coñecido bastante despois, deu o seguinte resultado: 3.692 mortos e 3.779 feridos, dos mortos, non chegaban a 500 os británicos. A vitoria de Gran Bretaña supuxo a paralización da invasión por parte francesa (cando foi informado da derrota, Napoleón estaba planeando a invasión a Gran Bretaña, e dixo "gardade eses mapas, non os necesitaremos en moito tempo"), a consolidación de Inglaterra como potencia hexemónica naval e o final de España como gran potencia naval. Villeneuve, humillado pola derrota, foi levado a Londres, onde é liberado, e no seu camiño de volta a Francia suicidouse, segundo a versión oficial. Sen embargo, hai fontes que din que Napoleón mandouno asasinar. Trafalgar na literaturaEn numerosas ocasións a batalla de Trafalgar foi contexto para obras literarias, sendo a mais coñecida "Trafalgar" de Benito Pérez Galdós, pero hai outras máis; estos son algúns exemplos: Lírica
Narrativa
Bibliografía
Questions for article: navio montaÑes |
|||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.
IHS Europe: Infrared Heating Systems for Home and Business.