|
Article on other languages:
|
O Comité Olímpico Internacional (COI) con sé en Lausana, foi creado o 23 de xuño de 1894 polo Barón Pierre de Coubertin en París co fin de revivir os antigos xogos olímpicos gregos. O COI coordina as actividades do Movemento Olímpico. Ademais está encargado de supervisar e administrar todo o concernente ós Xogos Olímpicos. É dono de todos os dereitos asociados ós símbolos olímpicos, a bandeira, himno, lema, xuramento e xogos. Controla os dereitos de transmisión dos Xogos, a publicidade e demais actividades conforme a Carta Olímpica. É o organismo internacional encargado de organizar e seleccionar as cidades que serán sés dos Xogos Olímpicos cada 4 anos.
Presidentes do COIDesde 1894 o COI tivo 8 presidentes:
Reunións do COIDesde a súa fundación, o COI, realizaou unha serie de reunións de alto nivel onde se discutiu o pasado, presente e futuro do movemento olímpico internacional. Divídense en dous tipos, a saber: Congresos do COINos congresos, 13 na súa totalidade, celebrados en períodos de tempo irregulares, trátase sobre temas de importancia referentes ó movemento olímpico internacional nese momento; ademais exponse, discútese e conclúese sobre o nivel e historial olímpicos acadados ata ese momento e a súa proxección cara ó futuro.
Sesións do COIAs Sesións do COI son xeralmente reunións de membros do COI onde se somete a votación cuestións ou accións a tomar referentes ó movemento olímpico. É o órgano supremo do COI e as súas decisións son finais. Cada membro do COI ten dereito a voto. Unha sesión ordinaria efectúase unh vez ó ano. En caso de emerxencia ou de resolver puntos aínda pendentes, pódese chamar a unha sesión extraordinaria en conveniencia co Presidente do COI ou por petición escrita de polo menos as dúas terceiras partes dos membros. As actividades máis importantes realizadas nas sesións son, entre outras:
Ligazóns externas |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.
Mercedes Car
This site monitored by SitePinger.net