Imperio Romano

Article on other languages:

Res publica Romana
Imperio Romano

Imperio


-27 — 476
 

Escudo de Imperio Romano

Escudo

Lema: "Senatus Populusque Romanus" (SPQR) en latín: "O Senado e o Pobo de Roma"
Imperio Romano

Capital Roma
(44 AC – 286 DC)

Constantinopla
(dende o 330)

Ravenna
Lingua Latín, grego
Relixión Politeísmo romano, despois Cristianismo
Goberno Autocracia
Presidente
 • 27 aC - 14 dC Augusto
 • 379 – 395 Teodosio I
 • 475 — 476 / 1449 — 1453 Rómulo Augusto / Constantino XI
Período histórico Antiguedade clásica
 • Octavio proclamado Augustus -27
 • Deposición de Rómulo Augusto / Caída de Constantinopla * 476
Moeda Solidus, Aureus, Denarius, Sestertius, As

O Imperio Romano foi un imperio da antigüidade xurdido tras a vitoria de Octavio Augusto sobre Marco Antonio no ano 27 a.C. Aínda que Octavio nunca foi proclamado emperador, de feito, asumiu tódolos poderes do Estado e inaugurou a primeira dinastía de emperadores, a dinastía Xulia-Claudia. O Imperio foi destruído definitivamente no ano 476 tras a caída de Roma nas mans dos bárbaros.

Roma
Monarquía
República
Imperio
Principado Dominado
Imperio de Occidente Imperio de Oriente
Maxistrados Ordinarios:
Maxistrados Extraordinarios:
Oficiais e Títulos:
Institucións e normas:
editar


Aínda que Octavio non aboliu legalmente a República e compartía o poder co Senado, na realidade era el quen tomaba as decisións. O Imperio estableceu novas estruturas económicas, políticas e relixiosas para administrar un territorio cada vez máis grande. Octavio adoptou ao seu fillastro Tiberio ao que seguiron varias dinastías de emperadores.

Baixo o mando de Constantino I, no século IV, o cristianismo converteuse na relixión preponderante do Imperio. O emperador Xuliano o Apóstata tentou volver ao paganismo, pero con Teodosio I o cristianismo asentouse definitivamente nun Imperio que á súa morte, de feito, xa estaba invadido polos bárbaros e se desmembrou. Finalmente, no ano 476 Roma caeu nas mans dos visigodos ao mando de Alarico, so sobreviviu o Imperio Romano de Oriente, ata que en 1453 os turcos tomaron Constantinopla.

Legado

Varios estados declaráronse os sucesores do Imperio Romano despois da caída do Imperio en occidente. Primeiro foi o Imperio Bizantino, o término historiográfico moderno empregado para o período posterior do Imperio Romano de Oriente. Despois o Sacro Imperio Romano Xermánico, un intento por resucitar o Imperio no oeste, foi establecido no 800 cando o Papa León III coronou ao rei franco Carlomagno como emperador romano no día de Nadal, aínda que o imperio e a oficina imperial non se formalizaron en décadas. Tras a caída de Constantinopla, a Rusia dos Tsars, como herdeira da tradición cristiana ortodoxa do Imperio Bizantino, contouse a si mesma como a terceira Roma (con Constantinopla sendo a segunda). E cando os otomanos, que baseaban o seu estado no modelo bizantino, tomaron Constantinopla no 1453, Mehmed II estableceu a súa capital alí e afirmou sentarse no trono do Imperio Romano, e foi incluso tan lonxe como lanzar unha invasión contra Italia co propósito de "reunificar o Imperio", aínda que os exércitos papais e napolitanos detiveron o seu avance hacia Roma en Otranto no 1480. Constantinopla non foi renomeada oficialmente como Estambul até o 28 de marzo de 1930.

O Imperio legou moitas cousas ao mundo, como o (máis ou menos) calendario moderno, as institucións do Cristianismo e foi unha influencia constante na arquitectura, especialmente no románico e o neoclasicismo. O extenso sistema de estradas que foi construído polo exército romano perdura até hoxe en día. Debido a esta rede de estradas, o tempo necesario para viaxar entres puntos de Europa non diminuíu até o século XIX, cando a locomotora foi inventada.

O Imperio Romano tamén legou o seu sistema de goberno, que influenciou varias constitucións incluíndo a da maioría dos países europeos e moitas das súas antigas colonias. O mundo moderno tamén herdou a lei romana. Gobernando un vasto territorio, os romanos desenvolveron a ciencia da administración pública até un extremo nunca antes concibido nin necesitado, creando un extenso servizo civil e formalizando os métodos de recolección de impostos. O actual mundo occidental deriva a súa historia intelectual dos gregos, pero deriva os seus modos de vida, dereito e goberno daquel dos romanos.

Véxase tamén

Outros artigos

Períodos históricos da Roma Antiga
Fundación | Monarquía ( 753 adC - 509 adC) | República (509 adC - 27 adC) | Imperio (27 adC - 476 dC) | Decadencia
Historia en progreso: Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Ti podes colaborar e contribuír así que a Galipedia mellore e medre. Hai tamén outros relacionados que precisan ser completados.

Article keywords: del historia imperio romano, el imperio romano, imperio intertestamentario periodo romano, economia imperio romano, caida del imperio la romano, caida imperio romano, del imperio mapa romano,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.


Giant Panda

Mercedes Car
James Bond Guide
This site monitored by SitePinger.net