|
Article on other languages:
|
Noruega, oficialmente Reino de Noruega (en Bokmål, Norge ou Kongeriket Norge; en Nynorsk Noreg ou Kongeriket Noreg), é un país nórdico gobernado por unha monarquía constitucional que ocupa a porción oeste da península escandinava. O país fai fronteira con Suecia, Finlandia e Rusia. A súa capital e principal cidade é Oslo. Forman parte do Reino de Noruega os territorios árticos das Illas Svalbard e Jan Mayen. Porén os territorios meridionais da Illa de Bouvet na parte sur do océano Atlántico e a Illa de Pedro I e Terra da Raíña Maud na Antártida forman parte das dependencias externas do país, quedando fóra do territorio do reino escandinavo. Dende a Segunda Guerra Mundial, o país nórdico experimentou un rápido crecemento que contribuiu a que o país estea na actualidade entre aqueles cun maior nivel de vida grazas ao seu sistema nacional de subsidios. Este crecemento económico débese en parte ao desenvolvemento e explotación das reservas costeiras de gas e petróleo do país. O desenvolvemento humano de Noruega é un dos maiores do mundo, ocupando o país o primeiro posto na listaxe de países por nivel de desenvolvemento humano (IDH) entre o 2001 e o 2007 (compartindo este posto con Islandia no 2007). O seu clima é bastante rigoroso, non obstante a Corrente do Golfo e os ventos dominantes do oeste permiten nas rexións das ribeiras un clima moderado con veráns frescos e invernos non moi crúos permitindo a existencia de bosques de coníferas.
HistoriaArtigo principal: Historia da Noruega PolíticaArtigo principal: Política da Noruega Subdivisións
Mapa de condados con código ISO 3166-2:NO
Artigo principal: Subdivisións de Noruega XeografíaPosúe unha área de 324 220 km2, unha parte da cal se distribúe por máis de 150 mil illas. Na área continental, predomina a paisaxe de montañas, platos e fiordos. A Noruega fai fronteira coa Suecia, Finlandia e Rusia ao este, e situase próxima á Dinamarca ao sur. A extensión aproximada do país, de norte a sur, é de 1700 quilómetros. O terreo glaciar, formado na maior parte por terreos altos e montañas ásperas, a través dos cales aparecen vales fértiles; pequenas e irregulares planicies; liña costeira bastante recortada por fiordos que penetran fondamente no interior e tundra ao norte. O punto máis alto é o Goldhopiggen (2649 m.) EconomíaA economía norueguesa é próspera, co capitalismo de benestar caracterizado por unha combinación da actividade do mercado libre coa intervención do goberno. As áreas chave están baixo o control do goberno, tales como o sector vital do petróleo, ou as empresas de estado en gran destaque. O país está dotado de ricos recursos naturais - petróleo, enerxía hidroelétrica, peixes, florestas, e minerais - e é altamente dependente da súa produción e dos prezos internacionais do petróleo; en 1999, o petróleo e o gas sumaron o 35% das exportacións. Soamente a Arabia Saudita e Rusia exportan máis petróleo do que Noruega. A Noruega optou por permanecer fóra da Unión Europea, a través dun referendo en 1972, e outra vez en novembro de 1994. No entanto, Noruega, xuntamente coa Suíza, Islandia e Liechtenstein firmaron un acordo económico coa Unión Europea. Estes países forman a Asociación Europea de Libre Comercio. O crecemento económico en 2000 foi do 2,7%, comparado co 0,8% de 1999, mais voltou a caer, para o 1,3%, en 2001. O goberno avanzou con privatizacións en 2000, vendendo un terzo da compañia de petróleo Statoil, que tiña un capital 100% estatal. Coa calidade de vida máis elevada do mundo, os noruegueses preocúpanse bastante nas próximas dúas décadas cando o petróleo e o gas comezarán a rematar. Consecuentemente, Noruega ten acumulado os seus excedentes orzamentais, derivados do petróleo, nun fondo gobernamental que investiu no exterior e que en 2003 foi avaliado en 11.4000 millóns de dólares americanos. DemografíaArtigo principal: Demografía de Noruega CulturaArtigo principal: Cultura de Noruega Véxase taménOutros artigosLigazóns externasSognefjord : fotos, webcam & infos
|
||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.
Mercedes Car
This site monitored by SitePinger.net