|
Article on other languages: |
Reconstrución do Templo de Zeus en Olimpia.
Olimpia (en grego Ολυμπία Olympía ou Ολύμπια Olýmpia) é unha cidade da antiga Grecia na prefectura de Élide, no Peloponeso. A cidade atópase ó pé do monte Cronio e na beira dereita do río Alfeo. HistoriaÉ coñecida por ser o lugar no que se celebraron na antigüidade os primeiros Xogos Olímpicos, cunha importancia comparable ós Xogos Píticos que se celebraban en Delfos. Ambos se celebraban cada olimpíada (catro anos). Os primeiros dos que se ten constancia celebráronse en 776 adC. Ó final do século IV, o emperador Teodosio aboliunos. Olimpia tamén foi famosa por ser un centro relixioso, e pola súa xigantesca estatua de ouro e marfil de Zeus feita por Fidias, (tallada trala vitoria sobre os persas na Segunda Guerra Médica) que era unha das Sete Marabillas do Mundo. Preto do templo, escavacións arqueolóxicas atoparon o taller de Fidias, con numerosas ferramentas do escultor. Os abundantes tesouros acumulados no templo levaron a que fora saqueado polos arcadios. Desde 342 adC, foi protectorado de Alexandre Magno, que usou Olimpia para anunciar o seu Rescripto sobre os Desterrados do ano 324 adC. Durante a dominación romana, Olimpia enriqueceuse, especialmente o perímetro sagrado, o Altis, onde Nerón mandou construír un pazo. Trala morte de Adriano a cidade entrou en decadencia e os últimos xogos celebráronse en 324. As invasións bárbaras asolaron a cidade, que se converteu nunha simple aldea para logo ser abandonada e enterrada polos aluvións do Alfeo. As excavacións comezaron cunha expedición francesa en 1829, continuada por alemáns a finais dese século, quen descubriron intacta a estatua de Hermes, obra do escultor Praxíteles, ademais doutros artefactos. A mediados do século XX, o estadio foi desenterrado. A chama Olímpica dos actuais Xogos Olímpicos acéndese no estadio desta cidade mediante o reflexo da luz solar nun espello parabólico, tralo que se transporta nun facho ó lugar que acolle os xogos (normalmente dando un grande rodeo pasando polas principais cidades de todo o mundo). Nos Xogos Olímpicos de 2004, celebrados en Atenas, as probas de lanzamento de peso celebráronse no estadio de Olimpia. ArteO Heraion construíuse en 600 adC sobre os templos anteriores, e é o templo helénico de grandes dimensións máis antigo que se coñece (50 x 19,6 m). Entre o Heraion e o estadio, as polis gregas construíron capelas (tesouros).
Ligazóns externasArticle keywords: olimpia vila, club olimpia, cocina olimpia, olimpia honduras, olimpia de honduras, ollas olimpia, hotel olimpia venice, cd olimpia, hotel olimpia, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.
Mercedes Car
This site monitored by SitePinger.net