|
Article on other languages: |
Tsar (en búlgaro, serbio e macedonio цар; en ruso царь pronunciado ) era o título empregado polos monarcas eslavos, principalmente do Imperio Ruso entre 1546 e 1917, pero tamén os gobernantes de Serbia e Bulgaria. Cómpre destacar que, ao contrario do que normalmente se cre, non implica un rango imperial, sendo equivalente ao krol, kral, korol ou kiraly (fomas das diversas linguas eslavas para designar ao rei, derivadas etimoloxicamente de Carlomagno, Karl) Como moitos outros títulos nobiliarios, emprégase figurativamente na fala normal, para referirse a persoas ou institucións que poseen gran poder, e actúan como autócratas.
EtimoloxíaA palabra Tsar deriva do título latino César (Caesar en latín), popularizado en oriente coa forma grega Kaisar, que se empregaba para designar aos emperadores romanos e bizantinos. Do antigo eslavo eclesiástico, derivou en tsesar (цесарь), que se contraeu en tsar (царь) a través da taquigrafía empregada nos manuscritos. Este título foi empregado por varios reis medievais dos Balcáns e en 1547 foi adoptado por Iván o Terrible como signo da unión que levara a Rusia. A idea de que Rusia tiña que converterse na "Terceira Roma", como herdeira do Imperio Bizantino levou á substitución do termo tsar polo de emperador. Actualmente, cando se fala de tsar a secas, preténdese facer referencia ao emperador ruso. Nembargantes, tsar nunca deixou de ser oficialmente o equivalente inferior a un rei. O que é un tsar rusoO termo orixinal refírese tanto ao emperador de Bizancio que o khan mongol, ou mesmo a Deus ... Cando os principados de Moscova engaden tódalas terras rusas, pois é cando o seu monarca aspira a ser recoñecido coa mesma igualdade dun Emperador de Occidente, polo tanto, superior ao simple rei. O Gran-principe tomou o título de príncipe polo de Tsar (deformación latina de Caesar da Roma imperial), xa foran utilizados anteriormente en Moscova, para designar a basileus (o emperador) bizantino, o khan mongol, pero tamén como Deus (Emperador Celeste). Nalgún tempo o avó e pai de Iván III e Basilio III, grandes-príncipes de Moscova, fixéronse chamar "tsares". Pola mesma o neto de Iván III, Demetrio, fora coroado en 1498. Con todo, Iván o Terrible é o primeiro soberano a ter o título de Tsar durante a súa coroación recibiu isto das mans do metropolitano Makairo, o 16 de xaneiro de 1547. Imitando principalmente a Bizancio, o ritual de coroación enriqueceuse gradualmente, ata alcanzar no século XVII a súa forma definitiva; segundo a lenda, ligase co Emperador de Bizancio Constantino IX Monómaco (finais do século XII). Os regalia (obxectos que simbolizan a dignidade do Tsar) a cruz (de madeira da Verdadeira Cruz), a chapka dos Monómaco, un colar ombreiro, un cetro, a bola do mundo, unha cadea de ouro e o un abrigo púrpura. A súa santidade non cabe dúbida de que aparece ata nas revoltas feitas contra el. Polo tanto isto sobrenatural non é garante, con todo, da docilidade dos seus súbditos. Título completo dos monarcas rusosO título completo dos emperadores rusos era:
A esta forma seguíalle a lista de territorios rexidos polos tsares, que a Constitución do 23 de abril de 1906 definía así: "O título da súa maxestade é como segue:
Que traducido é: Lista de tsaresTsares de tódalas Rusias, 1547-1721
Emperadores de Tódalas Rusias, 1721-1917
Article keywords: tsar nicholas ii, tsar nicholas, tsar bomba, the last tsar, the lost world of nicholas and alexandra tsar, coronation ll nicholas russia tsar, tsar russia, tsar bomb, alexandra last nicholas tsar tsarina, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.
Mercedes Car
This site monitored by SitePinger.net